Existiu o Reino de Galiza? (por Sara Marcuño)

Dende os comezos da historia os historiadores españois tratan de ocultar a existencia de reis galegos,xa que se non existiron reis non puido existir un reino,pero a realidade é outra moi diferente.

O Reino de Galiza sí existiu.Os oestrymnios son considerados os primeiros poboadores da Galiza,que van seguidos polos celtas e polos romanos.Estes últimos son os que lle dan o nome de “Gallaecia” que significa “Terra de Celtas”.É despois da Caída do Imperio Romano do século V cando se asentan os Suevos no territorio galego e forman o “Reino Suevo de Galiza”,polo tanto estamos falando xa dun reino que ademais é considerado o primeiro estado de Europa.

Os primeiro reis son os Suevos,que son absorvidos polos Visigodos,que a súa vez son abatidos polos árabes cando se asentan na península no ano 711.Despois disto chega a Idade Media,na cal podemos decir que tanto a cultura como a lingua galega viven unha magnífica etapa de esplendor.Neste momento o galego tiña unha normalidade absoluta,a diferenza doutras linguas que triunfarán no futuro e que nese momento viven situacións de extrema precariedade.O Reino de Galiza é o máis importante cun territorio moito máis extenso ca o da Galiza actual.

Tras a Idade Media iniciase a decadencia e no século XlV ten lugar a primeira querra dinástica pola Coroa de Castela que induce ao Reino de Galiza a somerxirse na primeira substitución nobiliar.Tras isto unha nova guerra dinástica tamén pola Coroa de Castela leva ao Reino de Galiza á segunda substitución nobiliar tras a cal a Galiza queda baixo o dominio castelá.Isabel a Católica soprime o Reino de Galiza.

Pasados os Séculos Escuros e ao inicio do Rexurdimento é cando se pon fin ao Reino de Galiza.No ano 1833,María Cristina divide o territorio galego e elimina o título de Reino de Galiza.

Por estes sucesos de carácter histórico podemos decir que o Reino da Galiza deixou de existir,pero en ningún dos casos é posible asegurar que endexamais existiu e menos aínda tratar de eliminalo da historia,xa que non se pode cambiar o pasado por moito que se pretenda.O Reino de Galiza é citado nun texto escrito por Gregorio de Tars chamado “Historia Francorum” no cal se di “Regnum Galliciae”, sendo isto unha proba máis da real existencia do reino.

Como aseguran expertos no tema como Anselmo López Carreira ás veces os libros de historia están sometidos a ideais políticos que se manteñen na súa liña e no seu beneficio inclusive cando se trata de falar da historia dun pobo.Podemos decir que os libros ás veces fican sometidos a determinados intereses,ao igual que o Reino de Galiza quedou sometido ao de Castela.

A existencia recoñecida fóra de España do Reino de Galiza (por Lois Fungueiriño)

A existencia do Reino de Galicia ven sendo motivo de discusión dende moito tempo atrás. Pero parece que isto só pasa en España dado que, logo dunhas cantas pesquisas en internet, vemos que ignora e omite totalmente dende órganos administrativos a aparición do Reino de Galicia como primeiro reino de Europa.

No ano 2003 TVE emitiu un documental sobre a Historia de España no que se facía referencia  ao Reino de Galicia, entidade que perdurou durante 1.000 años, algúns dos cales como reino independente. Para incidir nesta preocupante falta de sensibilidade, o historiador e profesor García de Cortázar ignora a transición entre o Reino de Galicia cara o Reino de Castilla, simplificando este proceso en beneficio desta última.

Pero, se alonxamos a vista fóra de España, a existencia do Reino de Galicia vólvese máis crible, como deixa claro a páxina da Universidade de Birmingham que o cita como primeiro reino de Europa…
Ademáis diso dende Suecia, esta vez no ámbito dos videoxogos, tamén se lle deu gran relevancia ao Reino de Galicia, incorporado pola desarrolladora Paradox Interactive nun dos seus videoxogos (Crusader Kings II) co apoio da Universidade de Lund, recoñecida como unha das mellores universidades do mundo.

Na miña opinión creo que o Reino de Galicia foi real pero este feito foi moi omitido durante moitos anos e España o que fai que hoxe en dia se siga dudando da súa existencia cando iso só pasa aquí…

Lois Fungueiriño Miguéns 1ºA

 

Existiu ou non o Reino de Galiza? (por Iago Prol)

En diversos foros de internet pódese comprobar que hai un debate sobre a existencia ou non do Reino de Galiza, postulándose dúas opinións, unha a prol da existencia deste e outra que defende que a provincia romana da Gallaecia pasou a formar parte do Reino de León.
O Reino de Galiza existiu, e pódese demostrar mediante diversos datos. Para comezar, hai datos que demostran a existencia do Reino de Galiza e que sitúan o seu orixe no século V, cando os suevos conquistaron o decadente Imperio Romano, instaurando o primeiro reino cristián, que ocupaba o emprazamento da antiga provincia romana de Gallaecia (a actual Galicia, o norte de Portugal, Asturias e León) aínda que no 438 d.C., cando Requila subiu ó trono, adoptou unha actitude moi agresiva contra a poboación hispano-romana e a Igrexa católica e conquistou ata Lisboa polo sur e ata Cantabria polo este, o que provocou que ocupara un terzo da expansión española ata o momento. Despois da morte de Requila, Requiario pasou ó poder e impuxo o catolicismo como relixión, provocando a desaparición das diferenzas entre romanos e bárbaros, converténdose nunha sociedade máis tolerante; ademais foi o primeiro rei europeo cristiá en acuñar unha moeda.
Todo isto amosa non só a existencia do Reino de Galiza, ademais tamén amosa que tivo un gran esplendor, e por dito esplendor sufriu un ataque por parte de romanos e visigodos que acudiron á chamada da nobreza galega que sentía minguado o seu poder pola igualación de clases que provocou a moeda; mais a pesares da derrota no 456, o Reino de Galiza continuou existindo coma reino suevo anexionado ó reinado visigodo e no 585 desapareceu completamente, pero pasou a ser un reinado visigodo dos tres que se produciron (Galicia, Hispania e Norbensis) como mínimo ata o 711 no que atopamos ausencia de información fiábel ata o 911, xa que non hai nada que certifique a veracidade das historias de Don Pelayo e os seus sucesores e a batalla de Covadonga.O que si foi seguro foi o establecemento de Galiza como centro cultural de Europa que trouxo grandes influenzas tanto literarias como lingüísticas ó ser descuberta o sartego do Apóstolo Santiago no 791.
De forma errónea, outros establecen o nacemento do Reino de Galiza no 910(como a famosa páxina webwikipedia) e aseguran a permanente aparición e desaparición do Reino de Galiza, establecendo períodos entre o 910 e o 914, o 1065 e o 1071 e entre o 1072 e o 1073, quedando despois anexionado definitivamente a León.
Pero polo menos temos como certificado o nome de Reino de Galiza ata o século 1833 aínda que funcionou como tal ata o século XV xa que a chegada dos Séculos Escuros provocou a desaparición dos privilexios que ata aquel momento posuía o Reino de Galiza,que tivo coma reis destacados aOrdoño II (910-924), Bermudo II (981-999), Fernando II (1157-1188), Alfonso VII (1126-1157) e Alfonso VIII (1158-1214), atopándose estos tres últimos na etapa de esplendor de Galiza, é dicir, naquela na que triunfabamos no ámbito cultural grazas as diversas cantigas (amor, amigo, escarnio e maldicir), ademais de desenrolarse a agricultura, as explotacións pesqueiras, a finalización da catedral de Santiago e a consolidación e organización das cidades.
Todos estes datos certifican non só a existencia do Reino de Galiza, senón que foi unha gran potencia no pasado que perdeu todos os seus privilexios coa chegada dos Séculos Escuros ó tomar unha serie de malas decisións á hora de escoller o bando nas diversas guerras pola Coroa de Castela que levaron a fortes represións ó ser derrotados por parte do bando gañador.

A existencia oculta do Reino de Galiza (por María Domínguez)

No que levamos deste trimestre, na clase de galego estivemos vendo que nos libros recentes da historia de España non se recoñece a existencia do Reino de Galicia, máis tamén diversos datos que serven como testemuñas que poden demostrar e sustentar a miña opinión de que o que ocorreu foi xustamente o contrario.

Para empezar, a proba máis “accesible” para a poboación galega: As tumbas dos últimos reis de Galicia localizadas na Catedral de Santiago. É lóxico pensar que non pode haber reis se non existe un reino.
A segunda proba son os documentos datados na idade media que mencionan a existencia do noso reino. Estes documentos van dende mapas ata textos pasando por escudos.
Os mapas amósannos o territorio da Península Ibérica dividida nos reinos e un deles é o de Galicia (escrito con diferentes ortografías) contraposto a os outros reinos como podían ser Hispania ou Lusitania (despois xa da Constitución do condado Portucalense como Reino.)
Quizais o texto máis controvertido no que aparece o termo Reino para referirse ao Galicia sexa “la doma y castración del reino de Galicia” de Jerónimo de Zurita, cronista do reino de Aragón.
Tamén poderiamos mencionar, para aqueles que din non comprender todos estas explicacións o feito de que o actual monarca español teña o título de rei de Galicia.

Mais segue habendo voces clamando polo reino de León para demostrar así que o de Galicia nunca existiu e é só unha invención. A verdade é que ó feito de que León foi capital do reino de Galicia demostra que a mentira está na historia tradicional de España, unha historia imaxinada e escrita co fin de manter unha política opresiva que beneficiase aos nobres casteláns.

Existiu o Reino de Galiza? (por Oscar Iglesias)

Dende o comezo do reinado dos Reis Católicos en Castela, os gobernantes casteláns
buscaron todos os argumentos posibles para desprestixiar a Galiza, incluso chegaron a
cambiar e mentir na historia e a dicir que o galego era unha lingua filla do castelán para
conseguir ese propósito.
Ata hai relativamente moi pouco tempo, a moita xente ocultóuselle a existencia do Reino
de Galiza e afirmábase que era unha comunidade ou unha rexión dentro de Castela. Pero
os documentos e outros vestixios atopados amosáronnos que iso non era certo e que si
que existiu o Reino de Galiza.
O rei suevo Hermerico fundou este reino no 410 e estableceu a súa capital en Braga. Demostrouse que foi o primeiro reino que adoptou o catolicismo e comezou a usar unha moeda propia (cara o ano 449) Máis adiante desprazaría a súa capital a Tui e
posteriormente asentaríase en Oviedo e León e pasou a ser o principal reino cristián da Península Ibérica. Tras a separación do Condado de Portugal, pasando a ser o Reino de Portugal, Galiza pasou a ter a súa capital en Santiago de Compostela;
debido a isto e á redución dalgúns outros territorios, Galiza veuse bastante reducida e quedou cunha forma similar á actual. En 1230, o rei Fernando III deixouna baixo o Control da Coroa de Castela. O reino seguía mantendo algunha autonomía, máis cando os Reis Católicos someteron ao reino polas armas, este quedou totalmente baixo o dominio dos casteláns e da Coroa de Castela e posteriormente á Coroa de España. Estes quitaron á nobreza galega que foi substituída por unha foránea de Castela e fixeron outros moitos cambios que aínda nos seguen afectando, en menor medida, hoxe.
Máis adiante, a rexenta María Cristina de Borbón quitoulle o título de reino histórico 1833.
Durante un tempo da Idade Media, o Reino de Galiza foi moi valorado pola xente e durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou todo o noroeste da Península Ibérica,
converténdose nun dos territorios máis importantes de Europa occidental e o galego foi unha lingua prestixiosa usada por moitos para as súas composicións literarias, un exemplo sería Afonso X o Sabio e as súas “Cantigas de Santa María”.
Todos estes acontecementos están amosados (a maioría) en documentos e outros vestixios da época que os gobernantes casteláns (sobre todo Os Reis Católicos e posteriormente
Franco) nos ocultaron para facernos crer que Galiza sempre estivo sometida por Castela e posteriormente por España e que sempre o estaría.
Por todo o dito anteriormente, eu opino que o Reino de Galiza SI existiu e, como xa dixen
antes varias veces, nolo quixeron ocultar para facernos crer que eramos inferiores a eles
cando a nosa lingua e cultura foi, é e será igual se válida e prestixiosa como a súa.

E o reino de Galicia? Non existiu?

reino GZ. Gonzalo Creo

Imaxe obtida no Museo Arqueolóxico de Madrid, que recolle parte da liña temporal da Historia de España, desde o Paleolítico á Idade Moderna.

Grazas, Gonzalo Creo!


PARA SABER MÁIS:

1. A desaparición do Reino de Galiza na historia española. Anselmo López Carreira. Parte I / II

2. O reino suevo de Galicia pode considerarse o primeiro estado de Europa

3. Urraca, emperatriz de toda a Galiza