Ollos de auga (por Noelia Martínez)

Esta obra de Domingo Villar pertence ao xénero literario da narrativa, en especial dentro da temática policíaca, xa que nela uns inspectores tentarán resolver un asasinato.
En canto á estrutura, observamos como a obra se divide en 29 capítulos, os cales comezan coa definición dunha palabra, a cal será relevante en cada un deles.
Tema: Lois Reigosa, un saxofonista duns incribles ollos azuis ( que semellan auga), aparece morto no seu apartamento. O coñecido inspector Leo Caldas xunto coa axuda do seu toleirón compañeiro Rafael Estévez, encargaranse de resolver o complicado caso, o cal cando menos nolo esperemos, dará un xiro radical.
Ao inspector Leo Caldas, moi coñecido debido á súa participación no programa de radio “ Patrulla nas ondas”, e ao seu problemático compañeiro Rafael Estévez, encárganlles resolver o asasinato do saxofonista Lois Reigosa. O crime fora dunha gran crueldade, xa que lle proporcionou unha terrible morte ao inxectarlle unha sustancia moi corrosiva, pero sen embargo moi común. Deciden comezar a investigación buscando aos que empregan esta sustancia, que son todos médicos, en particular aos homes, debido a que o asasinado apareceu morto atado na cama e era homosexual. Tras unha longa busca en hospitais, reúnense co doutor Zuriaga, ao que ó inspector lle pareceu ver no funeral de Reigosa. Este nega calquera relación con Lois, pero tras atopar imaxes que o demostran, confesa que eran amantes, pero que non o matou. Tódalas probas o sinalan a el, polo que o declaran culpábel. Sen embargo, grazas a unha chamada feita á radio na que traballa o inspector, así coma un libro atopado no crime e á colaboración dun canciño, todo se puido resolver. Descubriron deste xeito que a verdadeira asasina era a muller de Zuriaga, que ao descubrir a aventura do seu home decidiu vingarse, coa axuda do seu amante Isidro Freire, e tentando culpar de todo ao seu marido, para conseguir así a súa fortuna.
O narrador aparece en terceira persoa, neste caso omnisciente, que nos vai contando como se senten os persoaxes, como pensan, así como a súa emocionante historia. Sigue lendo

O crepúsculo e as formigas (por Paula Rodríguez)

A obra de X.L Méndez Ferrín pertence ao xénero literario do conto xa que recolle diferentes historias curtas nas que se desenvolven unha serie de acontecementos.
A obra está dividida en dez relatos. Ademáis posúe unha aclaración pola parte do editor (na que se explica a vida de Méndez Ferrín e todo o relacionado con el) e unha
pequena introdución feita xa polo autor da obra na que en forma de rasgos xerais explica o enfoque que lle dá á obra.
Da obra poderíamos destacar varios argumentos detenéndonos nos distintos relatos pero en líñas xerais o argumento trata de distintas persoas que viven nunha sociedade na que eles seguen os costumes e os ideais dun cidadán traballador que non atende aos seus propios intereses, é dicir, o autor fai unha metáfora entre as formigas e os personaxes da súa obra onde as formigas son os personaxes e non fan outra cousa que non sexa o que manda a sociedade. Sigue lendo