Contos de medo para o día da ciencia (por Lara Alcalde)

UNHA NOITE DE INSOMNIO

(por LARA ALCALDE)

Abrín os ollos. Todo estaba sumerxido na escuridade. Mirei o reloxo e marcaba as dúas da madrugada. Volvín pechar os ollos. A cabeza dábame voltas e unha suor fría recorría a miña fronte. Notaba como as gotas esbarraban pola cara ata chegar á almofada. Volvín abrir os ollos e mirei o reloxo de novo. Esta vez marcaba as tres da madrugada. Erguinme. Non era quen de durmir. O crime do que fun autor estaba presente na miña mente todos os días e precisamente o meu insomnio foi o culpable dese ataque de ira. Ferín á única persoa que tiña ao meu lado deixándome só por completo. Noto a súa falta en moitas ocasións e recórdoa sobretodo nas miñas noites insomnes.
Foi por iso polo que unha brillante idea invadiu o meu cerebro: ía construir un novo amigo que me acompañase. Armeime coa miña bata branca e as miñas luvas e dispúxenme a subir as escaleiras rumbo ao meu laboratorio. Excitado porque a miña idea tivera éxito , preparei todo o material que precisaba. Foi un espectáculo de circo onde pipetas e matraces saían voando e buretas e probetas rodaban polo chan. Aprobeitei un vello ordenador para fabricar o cerebro do novo individuo . Collín un manequí que tiña a miña muller para facer o corpo. Todo estaba listo.
Catro longas horas entre cables pasaron coma dous minutos , e finalmente o meu novo compañeiro estaba rematado. Chegara o momento de darlle vida. Con todo programado , prepareime para o gran instante de pulsar o botón que o despertara. Fixen a conta atrás dende dez : 10, 9, 8, … 1.. e nada. Por máis que pulsaba o individuo non reaccionaba. Repasei o sistema informático, cables, conexións … pero non atopaba o erro.
Senteime nunha cadeira tras a miña derrota. Por máis voltas que lle daba , non me percataba de onde podía estar o erro. Decidín non renderme. Cun pouco de ácido , outro pouco de fígado de polo triturado e o toque final de sangue de rato , fabriquei unha nova disolución. Pero a miña desgracia foi deixala enriba da mesa. Xireime bruscamente cara ao individuo e a miña man bateu contra o matraz no que se atopaba a miña nova invención. Esta foi caer sobre o que sería o cerebro do meu amigo.
De súpeto, comezaron a saír unha especie de seres pantasmagóricos coma saíron as enfermidades e os males da caixa de Pandora. Estaba impresionado, anonadado. Non daba creto ao que os meus ollos estaban vendo. Disolvíanse polo aire ata cubrir todo o laboratorio. Nese intre souben que tiña que escapar. Desfíxenme da bata e das luvas e botei a correr como alma que leva o diablo. Non podía quedar na casa porque non tería escapatoria , así que púxen direción á rúa. Corrín, corrín e seguín correndo , agochándome en todos os lugares que podía. Pero sempre me atopaban. Sabían a miña ubicación en todo momento. Era imposible escapar deles. Cada vez que voltaba a cabeza para camprobar se me seguían , víaos surcando a noite escura. Ningunha parede, ningunha farola … nada era obstáculo para eles.
Desafortunadamente, non había ningúen polas rúas de Madrid. Non podía camuflarme entre a xente, o que supoñía que estaba totalmente exposto.
Tras levar horas correndo, intentando evitalos, prisioneiro do medo, quedei sen alento. Non podía continuar máis. As pernas comezaban a fallarme.
Nese momento souben que era o meu final. Ía morrer a man da miña propia creación. Era o prezo que tiña que pagar por ter asasinado á miña muller. Sabía que eses estraños seres non desaparecerían sen matarme primeiro.
Aminorando o paso , tropecei cunha pedra que había no camiño e caín ao chan. Non me esforcei en erguerme. Cada vez notábaos máis e máis preto de min. Pechei os ollos e puiden ver a súa imaxe. A imaxe da que un día fora a miña muller. Tamén puiden ver aos estraños corpos que se atopaban carcoméndome por dentro. Eses corpos , eses seres que eu crei coa miña ciencia.