Comentario crítico dos datos do IGE sobre o uso do galego (por Iago Prol)

O IGE( Instituto Galego de Estatística) amosou recentemente os datos acerca do emprego do galego e o castelán en Galiza. Ó comparalos coa última investigación dada ( 2001), xorden dúas interpretacións destes datos recollidos en 2001 e 2011 respectivamente.
En primeiro lugar, os datos de uso do galego en todos os ámbitos decaeu dende o 57% de 2001 ata o 44% en 2011, mais a poboación considerada bilingüe aumentou do 30% en 2001 ata o 45% en 2011 e a poboación que nunca fala galego caeu do 13% de 2001 a o 11% de 2011. De todos estes datos sácanse dúas conclusións que amosan dúas institucións como a Xunta de Galiza e a Mesa ( organización a favor da normalización do galego). A primeira delas (Xunta) amosa que o número de falantes de galego aumentou do xa que, aínda que descendeu o número dos que o falaban sempre, aumentou o dos bilingües, co que quedaría que no 2001 o 87% da poboación falaba galego fronte o 89% do 2011; mentres, a versión da Mesa amosa o descenso de falantes de galego que o falaban sempre, pero sen contar cos bilingües ó consideralos diglósicos, co que o número de falantes de galego pasaría do 57% en 2001 ó 44% en 2011. Ademais disto, o IGE recolleu os datos de uso do galego nas cidades, onde Compostela triunfa cun 44% de poboación galego-falante fronte a Ourense e Lugo (34%), A Coruña (16%), Pontevedra e Vigo (15%) e Ferrol (12%), ademais de amosar que o nivel de comprensión do galego pola poboación (99%) e a capacidade de uso (90’8%).
O autor deste artigo está a favor do punto de vista de Mesa xa que os título “O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación” só tería sentido se escollemos a visualización que a Mesa fai dos datos, xa que nesta o número de galego-falantes é menor do 50% fronte a da Xunta na que non só o número de galego-falantes é maior do 50%, senón que tamén fala dun aumento do número de galego-falantes (87%-89%). É máis, no “resumo” dos datos que aparece despois do segundo parágrafo e no terceiro, amósase en clara desconformidade coa visión da Xunta con frases coma “A poboación descendeu 13 puntos en dez anos, pero a xunta celebra o leve incremento de bilingüismo” ou “Malia a contundencia destes datos dende a Xunta óptase polo optimismo e case pola celebración”.
Ademais, busca a realidade detrás dos prexuízos coma o do uso do castelán nas cidades, onde hai máis xente de fóra, pero na cidade máis “internacional” de Galiza é a cidade onde máis se fala galego mentres que en Ferrol, unha cidade sen gran cantidade de turismo estudiantil ou cultural é onde menos se fala galego e os datos acerca da comprensión do galego (99%) indican que falando castelán enténdeche máis xente, en Galiza non é certo.
Eu estou a favor do punto de opinión do autor e de A Mesa porque cada vez vexo máis xente xove que coñece tanto galego coma castelán pero prefire expresarse en castelán porque os pais ou avós (familiares en xeral) lle inculcan uns valores lingüísticos con moitos prexuízos, e se en dez anos houbo tal descenso de galego-falantes, arredor de 20 anos será unha lingua case extinta se non hai cambios importantes con respecto á política lingüística.

Os datos do IGE publicados por Praza Pública (por Noelia Martínez)

Nos artigos de “Praza Pública” amósansenos diferentes puntos de vista ante os datos sobre falantes en Galiza ( monolingües en galego, bilingües ou monolingües en castelán) proporcionados polo IGE. Ademais, ao final, amósasenos una noticia de “ La Voz de Galicia” onde se nos mostra a situación lingüística do Barbanza.
As últimas enquisas levadas a cabo polo IGE, mostran como os bilingües gañan 13 puntos que perden os monolingües en galego, máis dous puntos que perden os monolingües en castelán ( todo isto durante un período de dez anos) A partir destes datos fixéronse varias interpretacións:
Para a Xunta, estes son moi favorables e celébrano, xa que a pesar da caída de molingües en galego, tendo en conta a cantidade de bilingües, as persoas galegofalantes soben dous puntos. Isto supón para eles que o galego se está a recuperar, e que convive perfectamente co castelán.
O outro punto de vista é o que nos proporciona a Mesa pola Normalización Lingüística. Estes non toman coma positivo a caída de monolingües en galego. A pesar de que estes pasan a ser bilingües ( en galego e castelán), consideran que, realmente, as persoas que o afirman ser ,fanno seguindo esquemas diglósicos. Estes datos son propios dun proceso de substitución lingüística, polo que os consideran moi alarmantes, pero non so os datos, senón tamén o feito de que a Xunta os celebre.

O punto de vista que a Xunta toma, é tendo en conta uns datos que causan ambigüidades, xa que consideran aos bilingües falantes de galego e de castelán, por igual, sen profundizar no verdadeiro significado dese bilingüismo. Presentan uns datos ambiguos para así poder analizalos dende o punto de vista que os favorece e que eles queren tomar, e así facernos crer que son verdade e que todo vai ben.
A Mesa pola Normalización Lingüística, en cambio, vai máis alá dos simples datos numéricos, e entenden ese bilingüismo como una situación diglósica, e polo tanto, negativa para a lingua galega. Isto demostrase, por exemplo, coa noticia de “ La Voz de Galicia” na que se conta como o Barbanza perdeu 20000 galegofalantes, aproximadamente, nos dez anos.
A partir dos datos do texto, ademais, desmentimos as teorías de que a xente non fala galego en ambientes públicos por se acaso non son entendidos, xa que o 99% da poboación di entender o galego, e a cidade con máis turismo ( onde se podería dar esa incomprensión) é a cidade con maior poboación que afirma falar sempre galego ( Compostela) Sigue lendo