Orgullosa do galego (por Nerea Grela)

Hai varias cousas que son características de min, que me identifican como persoa, cousas que fan de min unha persoa única, pero por sorte hai unha que comparto con máis xente (aínda que por desgraza cada vez ese número é máis reducido). Por iso hoxe máis que nunca é cando eu e máis os demais galegofalantes é cando temos que demostrar que a lingua galega non é unha simple fala de campo ou un dialecto  que só se fala cando se vai á leira a plantar patacas, senón que é unha dos milleiros de linguas hoxe en día existentes, persoalmente , como é a miña, creo que é unha das máis fermosas. O orgullo que sinto de poder falala e de ser galega non se pode describir con palabras.
Creo que debería darlle as grazas á miña familia por aprenderma, ao destino por facer que nacese nesta fermosa terra e tamén a aquel@s que loitaron por mantela sempre viva, como Rosalía, Castelao e todos aquel@s que levaron sempre a súa lingua no corazón pero sobre todo na boca, aquel@s que a pesar dos intentos de facer do galego unha lingua desprezable seguiron loitando polo seu; grazas a toda esa xente que se enfrontou ao ladrón de palabras e non permitiu que llas arrincase. Grazas Galicia, grazas galego!

Saúdos, bo domingo e Feliz día das Letras Galegas!!!!!