Hai futuro para o galego? (por Diana Ramos)

Actualmente na sociedade galega existe o dilema do futuro da nosa lingua. As persoas máis novas empregan normalmente o castelán e incluso o inglés. Pero sobre todo nas grandes cidades como A Coruña ou Vigo evitan o uso do galego. Moitos deles afirman que a lingua galega non está de moda ou cando oen a alguén falar galego o primeiro que pensan del é que ven do monte, o que pon en perigo o porvir do galego. Así o futuro desta dependerá da educación da xente galega e o combate contra os prexuízos.

Numerosos datos estatísticos como os aportados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) do  ano 2013, sinalan a gran castelanización da sociedade galega, xa que o 47,09% de nenos de entre cinco a catorce anos do ano 2013 falaban sempre en castelán, mentres só un 13,20% destes falan sempre en galego. Despois un 11,91% empregaban máis galego que castelán e un 27, 79% usa máis o castelán que a lingua galega. Se estes datos os comparamos con persoas de máis de sesenta e cinco  de anos obtemos unha gran diferenza, xa que no ano 2013 un 52,74 % dos maiores empregaban sempre o galego e só un 13,80% o castelán sempre. Polo que se ve que a sociedade máis nova é a máis castelanizada, ademais estas estatísticas móstranos que con cada nova xeración aumenta a porcentaxe de persoas que falan castelán, dándose a desaparición do galego progresivamente.

De igual modo, se o número de persoas que pensa que co galego non se pode ter un futuro con éxito aumenta, o futuro da lingua é improbable. Iso xa pasa con moitas linguas que a día de hoxe se senten ameazadas polo uso máis frecuente do inglés. Ademais este cambio lingüístico pola busca dun maior prestixio pode provocar morte da lingua como a desaparición da lingua elamita, substituída polas linguas iranias.

Aínda así, persoas como Carlos Callón (profesor de lingua galega e literatura) afirman que o futuro da lingua está nas mans das persoas que queren o galego pero non o falan. Así, se estes falantes comezaran a deixar os prexuízos de lado, o futuro da lingua sería moi posible, porque a maioría das persoas que non falan galego en Galicia non son castelanfalantes senón que son “galegocalantes”.

Con todo, o futuro do galego non está nada claro. Sabemos que se os prexuízos continúan o máis probable é a desaparición da lingua. Pero se educamos axitadamente as persoas que aínda a día de hoxe cren que co galego non se acada o éxito ou que pensan que así parecen máis ignorantes, un futuro para a lingua galega normalizado é posible. Así que todo depende das propias persoas de Galicia, xa que estas deciden o futuro da nosa lingua.

FONTES:

https://blog.xerais.gal/2017/carlos-callon-o-futuro-do-galego-esta-nos-galegocalantes-       naqueles-que-aman-a-lingua-pero-que-non-a-utilizan/

https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/ecv/ECV_ResumoResultados_galego.html#01

http://www.bicodaria.com/2014/12/hai-futuro-para-o-galego-3/

http://linguaeliteraturabacharelato.blogaliza.org/category/hai-futuro-para-o-galego/

http://marlou3.webnode.es/news/hai-futuro-para-o-galego-/

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/conseguimos-sociedade-active-mais-galego-ten-moito-

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *