Hai futuro para o galego? (por Sara Sampaño)

Na actualidade hai unha gran pregunta no aire referida ao futuro do galego. Hai futuro ou non hai futuro para o noso idioma? Vendo como está agora mesmo, de seguir así, non haberá futuro.

Hoxe en día, os adolescentes galegos falan cada vez menos galego debido a que é imposible desenvolverse só en galego, posto que o castelán é a “lingua de prestixio”.

A parte dos prexuízos arredor da lingua, o problema da diminución de falantes vendada porque é posible desenvolverse e vivir en Galicia sen utilizar o galego na vida cotiá.

Como se pode observar, no mundo actual existen moitas linguas, cada unha coa súa cultura e tradicións propias, que fan que exista a diversidade de pobos. Se empezamos a deixar de lado as linguas minorizadas e a substituílas por outras de “máis prestixio”, acabaremos nun mundo no que se fale unha lingua única, perdendo a diversidade cultural e sen que haxa diferentes interpretacións da realidade. No caso do galego, iso é o que está pasando,se deixamos de falar a nosa lingua perderemos o que nos fai diferentes; a nosa cultura.

Mirando ó noso redor, o conflito lingüístico é moi claro, o castelán foise impoñendo de maneira paulatina e, a día de hoxe, apoderouse da maioría das funcións que lle correspondían ao galego, convertendo a éste nunha lingua minorizada.

Como conclusión, para frear esta substitución lingüística é necesario que as autoridades políticas desenvolvan un plan de normalización, que promova o ensino en galego, por exemplo as matemáticas ( para que a sociedade galega vexa que o noso idioma tamén pode ser lingua das ciencias ). Pero tamén é necesaria a normalización da lingua, é dicir, que o galego ocupe as funcións que lle corresponden dentro desta comunidade. Para isto, debemos esquecer todos os prexuízos que se formaron ao longo dos séculos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *