Hai futuro para o galego? (por María Fernández Insua)

Actualmente o galego é unha lingua minorizada, que sofre unha gran desigualdade social e unha forte discriminación lingüística . De seguir así o máis probable é que se converta nunhalingua extinta máis, pero tamén cabe a posibilidade de que non sexa así.
A pesar das duras circunstancias históricas polas que o idioma pasou, sendo marxinado polo castelán, soubo como recuperarse lingüística, cultural e literalmente. Entón, por que non volver a facer o mesmo na sociedade de hoxe reclamando o lugar que se merece?
Hoxe en día as porcentaxes de monolingüismo en galego non son tan críticas como parece, o mesmo que aqueles que empregan tanto o galego como o castelán. Pero séguese perdendo falantes, aínda que isto non significa que non entendan o idioma, ó contrario, a maioría saben lelo e escribilo, posuíndo ademais grandes coñecementos literarios.

Os xóves do século XX, imprescindibles para o desenvolvemento da lingua cara ao futuro, rexeitan o galego por consideralo “pobre” á hora de desenvolverse na sociedade. Por iso optan primeiro polo idioma máis empregado e máis presente nos medios, o castelán, pois este está mellor considerado pola maioría. Isto provoca unha grave substitución lingüística do galego diminuíndo así o seu número de falantes. Xa é un feito que o galego é unha lingua desprestixiada debido á superposición da lingua dominante sobre este, a través do mundo mediático e dos máis poderosos, provocando unha importante presenza da diglosia no momento de empregar a lingua.

Respecto a Galiza, esta é un territorio con dúas linguas cooficiais e, atendedo á economía lingüística, desas dúas só unha pode acadar o posto de maior prestixio, o castelán, mentres que a outra, o galego, a lingua propia, atópase inxusta e incoherentemente no escalón máis baixo.

En conclusión, a situación sociolingüística do idioma depende principalmente da sociedade. Ela é quen decide sobre o seu uso: hai xente que o fala e outra que non quere falalo, xente que o defende pero que aínda así non o emprega, outros que lles gustaría pero que non o fan por medo, por vergonza ou ben porque as circunstancias llo impiden, e logo tamén os hai que non o poden nin ver diante. É dicir, non todos senten a súa lingua como algo propio polo que non senten a necesidade de loitar por ela e iso non se pode cambiar dun día para outro.

Entón, para comezar a conienciar á poboación para empregar o galego máis a miúdo e recuperar parte da súa identidade perdida a través da cultura, hai que mobilizar ás institucións públicas para que usen o idioma, ás autoridades políticas, aquelas que están continuamente en contacto co pobo, a ao resto dos ámbitos da sociedade, xa que así, todos xuntos e deixando a un lado os prexuízos e dogmas, o galego sen ningunha dúbida pervivirá nun futuro moi lonxano. Pero para conseguir isto é esencial a vontade de todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *