Despedimos o trimestre cos creadores de Rianxo

O venres 19 no IES Félix Muriel faremos a presentación do libro “Creadores de Rianxo” elaborado o pasado curso dentro do programa Rianxo Fala, polos Equipos de Normalización Lingüística do C.E.P. X. M. Brea Segade, C.R.A. de Rianxo e o I.E.S. Félix Muriel e coa colaboración do Concello de Rianxo.

Neste libro recollemos a vida e obra de artistas rianxeiros, de nacemento ou de adopción, nas distintas artes, música, pintura, fotografía, escultura, literatura.. e algúns deles estarán na presentación do vindeiro venres falando con nós e amosándonos a súa obra.

Hai futuro para o galego? (por Iago F. Prol)

Dende que comezou o curso, adicamos as clases a visualizar o documental Linguas Cruzadas, ós artigos periodísticos arredor dos resultados que o IGE amosou sobre o uso do galego en Galiza e ós dous debates realizados en clase; puidemos observar o descenso do número de falantes masivo, o que levará a unha futura desaparición da lingua galega.
O descenso de falantes en galego débese en gran medida á mocidade actual, a cal, ó ver a gran potenciación que vive o castelán no ámbito internacional, deciden optar por esta xa que lles ofrece máis posibilidades de comunicación ó posuír máis prestixio, é dicir, son falantes diglósicos.
Os datos do IGE anteriormente mencionados, amosan que xa menos da metade da poboación en Galiza fala galego, mais que o 99% o entende. Isto deixa patente o factor de diglosia que sofre o galego, que só se podería solucionar cunhas institucións públicas que potencien e normalicen o galego, xa que as actuais non só non o potencia, senón que propoñen medidas que afectan ó galego e diminúen o seu uso coa escusa de que se busca o bilingüismo.
A xuventude dos falantes é un factor moi importante para a supervivencia dunha lingua, o uso do galego entre os xóvenes galegos vai en descenso debido á diglosia, como se mencionou anteriormente, mais agora vou falar dos factores que causan a susodita diglosia.
Sigue lendo