O crepúsculo e as formigas (por Paula Rodríguez)

A obra de X.L Méndez Ferrín pertence ao xénero literario do conto xa que recolle diferentes historias curtas nas que se desenvolven unha serie de acontecementos.
A obra está dividida en dez relatos. Ademáis posúe unha aclaración pola parte do editor (na que se explica a vida de Méndez Ferrín e todo o relacionado con el) e unha
pequena introdución feita xa polo autor da obra na que en forma de rasgos xerais explica o enfoque que lle dá á obra.
Da obra poderíamos destacar varios argumentos detenéndonos nos distintos relatos pero en líñas xerais o argumento trata de distintas persoas que viven nunha sociedade na que eles seguen os costumes e os ideais dun cidadán traballador que non atende aos seus propios intereses, é dicir, o autor fai unha metáfora entre as formigas e os personaxes da súa obra onde as formigas son os personaxes e non fan outra cousa que non sexa o que manda a sociedade. Sigue lendo

Hai futuro para o galego? (por Sara Marcuño)

Os últimos estudos e enquisas realizados mostran que o galego deixa de ser a lingua diaria da maioría da poboación.Datos dos cales podemos extraer que de darse a continuidade desta situación o galego tenderá a desaparecer.

A lingua galega someteuse a novos estudos que nos mostran porcentaxes realmente desfavorables cara a lingua.Tan só un 44% da poboación total galega afirma empregar o galego sempre.Certamente non só as cifras nos transmiten a realidade do idioma,senón que con só saír á rúa podemos ver que cada vez menos persoas empregan o galego como lingua habitual na actualidade.Esta situación ten variantes dependendo do lugar no que residas.Nas cidades tendese a falar máis o castelán,relegando o galego a un segundo plano,pero o certo é que isto estase xeneralizando por todo o territorio da Galiza.

Analizando o problema podemos ver que as xeracións máis novas abandonan o galego e substitueno polo castelán.E aquí o foco da pérdida de falantes.Estas persoas pasarán a falar castelán en todos os ámbitos e cando teñan descendencia falaranlle en castelán polo que a lingua nai destas novas xeracións será automáticamente a lingua invasora do noso territorio.A mocidade é o futuro e se esta deixa de empregalo acabará por desaparecer. Sigue lendo

25N. O machismo mata!

machismo

 

 

25N, nunca máis á casa azul! ( por Adrián Pérez)
Para a gran maioría,
o día
no que se reivindican os dereitos da muller
e se denuncia o abuso
e o uso
da forza para someter
á muller,
como se somete ao débil;
denúnciase tamén a pasividade dos gobernantes,
pero calan os verdadeiros culpables
os que abusan do seu poder,
eles son os que deberían sempre
perder,
cambiar
e comezar a pensar.
Poucos o farán,
se e que algún o fai,
encerrados no seu ego
que non lles permite ver
máis alá do seu bandullo,
nin sequer dos seus pés.
Os que veñen detrás
son os que nos deben preocupar,
el@s son e serán a sociedá.
Non debemos cargalos máis
coa nosa carga,
coa carga antediluviana,
coa carga da historia da humanidade,
a carga do home
que se escuda ante o mundo
impoñéndose coas mans,
a carga do home
que pon de xeonllos á muller
Nunca máis!
Porque a muller resucitou
e xa non quer
máis concordias de papel.

Non queremos velos gozar
coa dor allea, buscando calmar
a propia dor, Nunca máis!